Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2018

Nin disfóricas nin incongruentes.

Batukada feminista

Reivindicación

Visibilidade lésbica 2018

Bicada polas rúas do centro Vigo.

martes, 23 de octubre de 2012

Curso "Resolución de conflitos e control das emocións"


Diariamente afrontamos situacións que nos afectan a nivel emocional, pero non sempre conseguimos xestionalas do mellor xeito, manexar o estres, a ansiedade, a ira... e acabamos arrastrando frustracións que nos fan sentir emocións negativas sobre nós mesmas.
Traballaremos con perspectiva de xénero para profundar na forma de comunicarnos e relacionarnos, xestionar conflitos e manexar as nosas emocións para acadar un benestar emocional como mulleres.

Obxectivos:

  Coñecer as estratexias básicas para o axeitado manexo e control das emocións.

  Identificar as situacións de conflito e as posibles repercusións.

  Identificar os diferentes modelos de resolución de conflitos

DATAS:
30 outubro
6, 13, 20 e 27 novembro
4, 11, 15 e 18 decembro
HORARIO:
18.30 a 21.30h
LUGAR:
Porta do Sol, 11 Bis, 1º 
Asociación Nós Mesmas

COSTE 6€ (para a Deputación, pago primeiro día)
DIPLOMA ASISTENCIA expedido pola Deputación de Pontevedra.

                                  Inscríbete AQUÍ!

lunes, 22 de octubre de 2012

Obradoito: ¿Que é "ser unha muller"? ¿Que é "que che gusten as mulleres"?


Venres 26 de outubro de 2012, de 19:30 a 21:30 horas na Casa da Muller de Vigo (Rúa Romil, 20)

¿Hai mulleres con pene? ¿Hai lesbianas que están con homes? ¿Que é 
ser pansexual? ¿Que é iso da orientación afectiva? Esta e outras preguntas son as que plantexaremos e debatiremos neste obradoiro organizado pola Asociación Nós Mesmas (Aso Nosmesmas) e impartido por Xiana GF.

O obradoiro está deseñado especialmente para persoas que se identifican como “mulleres ás que lle gustan as mulleres” (o significado desta frase está suxeito a interpretacións persoais), pero pode acudir calquera persoa que teña interese no tema e queira participar dun xeito aberto e respetuoso.

Durante a xornada combinaremos dinámicas de reflexión individual, chuvia de ideas e debate en grupo. Esta é unha lista dalgúns dos temas que imos tratar:
- Sexo (biolóxico) e xénero (cultural)
- Femia, macho, muller, home, feminino, masculino
- Corpos e identidades transxénero/transexuais
- Corpos e identidades de xénero non-binario
- Corpos e identidades diversexo/intersexo
- Orientacións e identidades sexuais: homosexual, bisexual, polisexual, pansexual, asexual
- Orientacións e identidades afectivas

O obradoiro está impartido por Xiana GF. Xiana é estudiante de Ciencias Agrarias e Botánica en Cornell University (EEUU); autora do documental curto “Vera, Lara (and visas)”, premiado no festival de cine GLBT Lesgaicinemad (Madrid, 2011) e proxectado noutros festivais internacionais; pensadora e blogueira enhttp://xianagf.wordpress.com/; e coordinadora do Grupo de Traballo de Políticas de Xénero do partido EQUO.

¡Agardamos por vós o venres 26 de outubro de 19:30 a 21:30 horas na Casa da Muller de Vigo (Rúa Romil, 20)!

Curso "Relacionándonos en lingua de signos" e inscripción


Esta actividade xurde como compromiso de Nós Mesmas coa loita contra a discriminación e a desigualdade, situacións das que, en casos como a accesibilidade de persoas xordas, somos participes.

A través de este curso, aberto a calquera persoa que queira participar e aportar, achegarémonos á realidade e comunicación das persoas xordas.

Traballaremos expresión corporal, memoria visual, coordinación oculo-manual e, como non, lingua de signos.

Queremos que esta sexa unha ferramenta válida para a integración, para a creación de vínculos coa comunidade xorda galega e fomentar a comunicación entre persoas xordas e oíntes para relacionarnos sen barreiras.

Será un pequeno paseo, a través de 15 horas, pero esperamos que sexa un bo comezo.
Datas:
5, 7, 12, 14, 19 e 21 de novembro de 19.30 a 22h no local de Nós Mesmas, Porta do Sol, nº11 bis, 1º, Vigo

Prezo 20€ e de balde para asociadxs.

miércoles, 17 de octubre de 2012

Gañadoras I Certame Relatos Curtos "Muller e ponderada!"

Parabéns e as grazas a todas as que cediches non só o voso tempo, senón tamén un anaquiño de vos con estas fermosas historias.

O tempo rematou e xa está feito o reconto dos votos, resultando, por orde de nº de "Me gusta" os seguintes relatos:


En primeiro posto, e con 30 puntos: 
"DESPERTARES" autora Sandra Rodríguez.

Cun empate no segundo posto, e 14 puntos:
"Un pecado maravilloso" autora Patricia Rodríguez
"Las palabras son palabras" autora Xiana Pérez

E no terceiro posto, con moi bos comentarios e 13 puntos:
"Un día en el mundo entero"autora María Gasca


De novo agradecer a participación e mañan, xoves 18 de outubro ás 19.30h faremos un breve percorrido polos relatos participantes e entregaremos os pequenos agasaios (se non podedes pasar mañan, calquera outro momento é valido).

Unha aperta!

Coa colaboración da:

jueves, 11 de octubre de 2012

Relatos e votación I Certame Nós Mesmas "Muller e empoderada!"


A continuación atoparedes todos os relatos participantes no I Certame de Relatos Curtos "Muller e empoderada!" organizado por Nós Mesmas.

Como votar?
Dende hoxe, 11 de outubro ata o próximo martes 16 de outubro. De seguido, atoparás un link que te enviará a Facebook (é preciso ter conta), no álbum de fotos, cada imaxe vai aparexada có título do relato, a súa sinopse e un link onde poder ler a historia (todo a dereita da foto). Para votar clica no "Me gusta" de cada imaxe.

Poderás votar todos os relatos que queiras pero só unha vez cada un.



Se non tes facebook pero queres ler as historias, aqui queda cada unha (non poderás votar):
1_"Llamada perdida"  
2_"Hoja caduca"
3_"Vida"
4_"Un pecado maravilloso"
5_"Muller ponderada"
6_"De MI libro algunas páginas"
7_"DESPERTARES"
8_"Muñeca de trapo"
9_"Macarena"
10_"Un día en el mundo entero"
11_"Mi historia"
12_"Historias pequeñas"
13_"Las palabras son palabras"

Este relato queda fóra do concurso porque incumple o tamaño establecido nas bases, pero a súa autora e nos queremos compartilo para quen goste de lelo:
"¿Las amigas se dicen "Te quiero"?"