Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2013

Liberdade sen recortes.

Para Rusia con Amor

Stop LGTBfobia

Visibilidade lésbica 2013

Flashmob e bicada na Rúa do Principe.

jueves, 25 de enero de 2018

Cara fresca, mesmos valores #SempreNósMesmas


Cara fresca, mesmos valores #SomosNósMesmas


Queremos presentárvos a nosa nova imaxe. 
Este cambio de logo recolle o testigo destes 10 anos de loita polos dereitos das mulleres LBT, 10 anos de reivindicación polos dereitos e a igualdade das persoas LGTBI e 10 anos de visibilidade. 
Feminismo, sororidade, compromiso, liberdade, empoderamento, horizontalidade, apoio mutuo... son conceptos que nos definen e que compartimos a diario con todxs xs que formamos Nós Mesmas agora e que pasaron nalgún momento por aquí.

Xs de agora e a todxs xs que estivestes algunha vez.............GRAZAS! 
Por axudarnos a construír o que somos, por creer que sumando forzas chegamos máis lonxe e por contar con Nós Mesmas para todo o que está por chegar!
Compartimos un video moi cortiño destes 10 anos :) 




Vémonos nas rúas!  

viernes, 5 de enero de 2018

NOVO Servizo de Orientación e Apoio a Mocidade LGTB


Se tes menos de 30 anos este espazo é para ti!

Pásate ou contáctanos con calquera dúbida ou inquedanza, se queres coñecer máis xente nova LGTB, ou saber que actividades hai nas que podes participar.
Temos info sobre ITS e prevención, sobre acoso escolar, sobre o proceso trans...todo aquelo que te poida interesar!

Podes contactarnos por correo a nosmesmasjoven@felgtb.org ou nos tlf 627 736 965 (Whatsapp) ou 722 286 300 
Atópanos nas RRSS!! FB: @asonosmesmas
Pero además estamos na sede de Nós Mesmas (Porta do Sol, 11-bis, 3º) no seguinte horario:
Luns: 10-14h 16-20h
Martes: 8-15h
Mércores: 10-14h 16-20h
Xoves: 10-14h 16-18.30h
Vénres: 8-14h 16-20.30h


Este é un servizo subvencionado por:




miércoles, 4 de octubre de 2017

Queres batuquear con nós?


Somos un grupo de mulleres cis e trans que estamos creando un espazo para nós, para empoderarnos e saír ás rúas a facer balbordo e reivindicar o noso espazo e os nosos dereitos.

Creamos os nosos propios instrumentos e aprendemos, primeiro guiadas e logo buscando a autoxestión.

Se queres máis info para unirte, saber os horarios e demáis, inscríbete no seguinte cuestionario e te contactaremos:

INSCRÍBETE

Actividade subvencionada pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo



viernes, 22 de septiembre de 2017

Xornadas Tratamento da diversidade afectivo-sexual e de xénero nas aulas



Educar por e para todxs é o obxectivo, crear entornos seguros para o alumnado LGTBI onde a diversidade sexa unha riqueza que faga medrar a toda a comunidade educativa, é o medio para acadalo.

Para isto, Nós Mesmas, contando coa subvención da Deputación de Pontevedra e a colaboración do Centro de Recursos e Formación de Vigo, organiza estas primeiras xornadas dirixidas a toda a comunidade educativa de Infantil, Primaria, Secundaria e Formación Profesional; así como ás asociacións de familiares de alumnxs, activistas LGTBI e todas as persoas interesadas na educación non formal.

Contamos con 120 prazas para profesorado  e para xs asistentes non profesorado haberá portas abertas ata completar aforo.

Pretendemos:

-Visibilizar a diversidade afectiva-sexual e de xénero nas aulas a través de referentes positivos.

-Fomentar a integración e o desenvolvemento dos contidos transversais referentes ao respecto cara á diversidade afectivo-sexual e de identidades de xénero na práctica docente.

-Formar na prevención e detección de situacións de conflito e acoso no centro escolar derivadas da orientación sexual ou da identidade de xénero de calquera integrante da comunidade educativa, proporcionando ferramentas para enfrontar unha situación de acoso LGTBIfóbico.

Programa: 

9.30 _Presentación das xornadas da man de Sra. Presidenta da         
           Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; 
           Sra. Deputada Isaura Abelairas 
           Representantes de Nós Mesmas.

10.00_"Nós Mesmas nas aulas."

           Elisabet Pérez Costas e Raquel Cordeiro Ferreira

10.45_Pausa


11.15_"Abrimos as portas á divcrsidade: como integrala nas nosas               aulas"

            Kika Fumero

12.40_"Ferramentas inspiradoras de educación inclusiva"

            José Joaquín Álvarez de la Rosa

16.00_"Entender a realidade trans como unha realidade social para             un acompañamento positivo na aula"

           Nac Bremón e Soraya Vega

18.30_Pausa


19.00_"Mesa de experiencias de profesorado e alumnado LGTBI                 en Vigo"

           Ana Ojea Alonso e alumnado do IES Politécnico de Vigo



Inscricións:

O profesorado que queira participar deberá inscirbirse a través do FPROFE coa referéncia V1702027 para recibir Certificado de Formación de 8h, o prazo de inscrición está aberto ata o 10 de outubro




O resto de persoas interesadas, non precisan inscrición, portas abertas ata cubrir o aforo (150 prazas aprox.).


Actividade subvencionada pola:                Coa colaboración:



jueves, 21 de septiembre de 2017

Plan de Formación en Diversidade Afectiva e de Xénero

No que levamos de ano, máis de 1000  alumnxs de 17 centros de ensinanza pública da provincia de Pontevedra asistiron a unha das  charlas sobre Diversidade afectiva e de xénero que as voluntarias de Nós Mesmas imparten.

O Plan de Formación, como cada ano, comezou en xaneiro, máis este ano cunha novidade, no 2017 poderíamos chegar a moitísimos máis centros que noutras ocasións xa que a Deputación de Pontevedra aprobou o proxecto que lle presentamos e asinamos un convenio de colaboración.

Neste proxecto, ademais das charlas para educación secundaria e último ciclo de primaria, inclúense novidades, como unha campaña para os institutos e formación específica para profesorado, que levarase a cabo o próximo 21 de outubro.

En breve, informaremos polo miúdo destas dúas accións, por agora, tódolos centros ou o profesorado que estea interesadx en que acudamos ao seu centro a impartir unha charla só ten que escribirnos co asunto "Charlas DAS" ao correo nosmesmas@felgtb.org

Coa subvención de:


jueves, 14 de septiembre de 2017

#BiEnVigo

Día Internacional da Bisexualidade 2017

O 23 de setembro é celebrase o día da bisexualidade, día no que reivindicar a nosa visibilidade e rachar con todos os prexuízos e tabús que seguen existindo, moitos deles afianzados pola idea social de ter que escoller e posicionarse dentro da dicotomía que nos impoñen, ou es heterosexual ou homosexual.


Ademais o xugo heterosexista e monosexista oprímenos ás persoas bisexuais dado que se nos presupón heterosexuaias, como a única opción a ter en conta de primeiras, pero ademais disto monosexuais, como unha forma máis aceptable de non ser heterosexual, esta situación a compartimos con outras persoas plurisexuais pero que non se senten representadas baixo o paraugas da bisexualidade, se non baixo outros moitos existentes e que reflicten a gran diversidade no-monosexual que existe.

Para falar disto, de vivencias e de moito máis, temos preparados varios actos abertos a todx aquelx que queira participar:
23/09 ás 18h Café "Charlando de bisexualidade" na nosa sé, Porta do Sol, 11-bis, 3º                                                      25/09 ás 19h Proxección e coloquio "Sobreviviré" na Casa das Mulleres, R/Romil, 20
 Ademais de animarvos a apoiar a nosa acción en Redes Sociais que comezará o día 20/09 cos hastags #BiEnVigo, #BisexualVisible e #bi-sibilidad.
Atópanos en:
Facebook Asonosmesmas
Twitter @nosmesmas
Instagram asociacion_nosmesmas

jueves, 13 de julio de 2017

Proxecto Inclusión social e laboral de mulleres lesbianas, bisexuais e transexuais.








Dende Nós Mesmas iniciamos o proxecto "Inclusión social e laboral de mulleres lesbianas, bisexuais e transexuais", a través da Subvención a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, sendo esta unha Operación cofinanciada pola Unión Europea, PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020.

A través de este proxecto se realizará un servizo de atención, orientación e asesoramento integral a mulleres lesbianas, bisexuais e transexuais, que oferta os seguintes servizos:

-Orientación laboral e prelaboral a través de Itinerarios persoais de inserción.
-Formación para a mellora das habiliades sociais básicas e habilidades sociolaborais (procura de emprego, manexo básico de internet, correo electrónico...)
-Asesoramento psicolóxico
-Asesoramento xurídico (vencellado aos dereitos civis, laborais e sanitarios)

O proxecto desenvolverase do mes de xullo a setembro con prazas reducidas, se estás interesada en participar ou queres máis información, contacta:

627736965 en horario de 8-16h





Subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para

programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade


Secretaría Xeral da Igualdade

Operación cofinanciada pola Unión Europea

PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020 

Promover a igualdade e a inclusión social

O FSE Inviste no teu futuro